Pero este curso, debido as circunstancias, non puidemos disfrutar tod@s xunt@s delas.
Unha das que non faltaba no noso cole era a de coñecer a nosa cidade acompañados de Martiño .
Martiño, o león do escudo de Ourense, abandonou o seu lugar habitual para dar un paseo e saudar a todos os seus amigos escondidos polas rúas da cidade: outros leóns pero tamén cervos, aguias, serpes… e mesmo ninfas das augas termais!Propoñémosvos acompañar a Martiño nesta aventura e explorar xuntos Ourense desde a vosa casa.
Abride ben os ollos!
Con cada pregunta e a súa solución, Martiño contaravos detalles e historias para que aprendades un pouco máis sobre Ourense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario