venres, 23 de decembro de 2022

 NADAL

Como desfrutamos sempre  do Nadal!!!, e este ano, xa por fin, poidemos volver a celebrar as actividades como máis nos gusta XUNT@S.

Cada nena e neno, xunto coas   familias sodes  pezas fundamentais do noso Proxecto,...

Grazas por formar parte del!

Bo Nadal!!



venres, 4 de novembro de 2022

 SAMAÍN

Canta gañas tiñanos de festa!!!. O ciclo de Educación Infantil o venres día 28, viñemos desfrazados da casa de forma monstruosa, xa pola mañá ben cedo realizamos uns OBRADOIROS DE COCIÑA, elaborando uns petiscos  relacionados có Samaín e o Outono, que despois  degustamos tod@s xunt@s á hora da MERENDA . Xa para rematar a xornada, e como broche final do festexo, CANTAMOS E BAILAMOS ,guiados pola mestra de Psicomotricidade, a canción de Uxía Lambona de " O Samaín". Para ver un pequeno resumo do que foi o noso día premede nas cabazas.




 

mércores, 29 de xuño de 2022

 DIA DO DEPORTE

O día 21 de xuño, celebramos no Cole o Día do Deporte, un día moi bonito onde o único importante era desfrutar, xogar, colaborar, participar, en definitiva,  compartir, que xa facía tempo que non se podía facer. Grazas ao profesorado, especialmente de Educación Física e no noso caso, a mestra de Psicomotricidade, por facelo posible!!!



luns, 30 de maio de 2022

 LETRAS GALEGAS,2022

Durante a semana pasada, estivemos a traballar no Cole, sobre as Letras Galegas, adicada este ano ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.  

 Para poñerlle fin a dita celebración, o Ciclo de Educación Infantil, capitaneado pola mestra Marisa, cantou e bailou,..., non volo perdades!!!



venres, 6 de maio de 2022

HOXE VEU A TELE AO COLE!

O 5 de maio é o Día Mundial da Hixiene de Mans. 


O noso colexio, xunto con outros seis colexios da provincia de Ourense, tivo a oportunidade de celebrar este día co lema: "Bichos fóra". 


Acompañáronnos as enfermeiras do Centro de Saúde, que dunha forma divertida, nos ensinaron a lavar cada recunchiño das nosas mans.
E ademais, apareceu por sorpresa a tele a gravar. Que emoción!!!


Grazas a tod@s por este día! 
 









 



domingo, 27 de marzo de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA

 O pasado 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Poesía con diferentes actividades que fixeron que as nosas aulas se inundaran de versos:










domingo, 13 de marzo de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER

 Con motivo deste día tan importante, desde o ciclo de infantil, puxémonos mans á obra para agasallar a todas as mulleres.