sábado, 30 de outubro de 2021

OUTONO NO COLE


Na clase de cinco anos estivemos traballando coas cores do outono, que podemos atopar nas follas.  Tamén nos interesamos por un froito típico desta estación: as landras. Así que, posto que os esquíos teñen moita fame, deixamos as nosas landras preto das ventás...









 

E na aula de catro anos B decoramos a nosa clase con elementos típicos da estación, e quedounos así de bonita:







OUTONO, NAS AULAS DE 3 ANOS.
Desde hai días estamos a desfrutar coa chegada da nova estación. Cada día o noso Recanto, está cheo de elementos típicos do Outono que as familias van traendo, e cos que imos creando centros sensoriais para o desfrute dos peques. Temos follas, noces, landras, cogumelos, cabazas, castañas,...
Ademais os nenos e nenas deste nivel estanse a convertir nuns grandes artistas!!!!



                                           (Picade, na imaxe, para descubrir máis)