xoves, 23 de abril de 2020
CONTACONTOS DE SABELA GAGO POLO DÍA DO LIBRO
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.
Neste enlace podedes atopar moitas actividades e recursos para disfrutar O DÍA DO LIBRO.
A PASALO MOI, MOI BEN !!!!
IMAXÍNATE !!!!
Cando abrimos un libro, entramos nun mundo máxico no que podemos convertirnos en calquera parsoaxe e vivir moitísimas aventuras SEN SAÍR DE CASA.
Canta e baila con esta canción, e sobre todo... IMAXÍNATE!!!
mércores, 22 de abril de 2020
Estes días estamos propoñendo actividades relacionadas coa celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, que se celebra o 23 de abril.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTE VÍDEO, que nos introduce no mundo fantástico e imaxinario de DON QUIJOTE DE LA MANCHA, persoaxe creada por CERVANTES.
DESEXAMOS QUE VOS GUSTE MOITO !!!!
martes, 21 de abril de 2020
NUN LIBRO...
"Nun libro" é unha canción de Paco Nogueiras composta para animarvos a seguir lendo.
"Nun libro hai un mundo para abrir e cando queiras, pechar".
A ver se vos gusta!!!!
Actividades para o Día do libro
Para parar o tempo, para viaxar coa imaxinación, para soñar, para rir, para chorar, para sentir, para disfrutar; para pensar.....
Para aprender cousas novas, para explorar, para coñecer outras culturas, outros lugares, outros nenos e nenas, para coñercernos máis....,
Para ser un heroe, unha princesa, un astronauta, ou o pirata de Magadascar.....
Para EXPERIMENTAR TODO UN MUNDO DE EMOCIÓNS, para todo esto, de libros e máis libros témonos que rodear !!!!!!!
A Biblioteca do Cole propón 3 actividades que todos e todas podemos facer dende a nosa casa:
1.- Convertémonos en Booktubers: preme na imaxe para ver que hai que facer:
1.- Convertémonos en Booktubers: preme na imaxe para ver que hai que facer:
2.- Crear marcapáxinas orixinais (a modo de exemplo https://www.pequeocio.com/5-marcapaginas-originales/)
3.- Foto ou video co explicando o libro que estedes a ler.
luns, 20 de abril de 2020
INTEGRACIÓN SENSORIAL
Cando falamos de sentidos, todas e todos pensamos nun primeiro momento nos cinco sentidos que nos ensinaron (tacto, gusto, oído, vista e olfato), pero en realidade temos máis e son importantísimos como son o sentido vestibular e o propioceptivo! Aínda que agora vos soen moi raros non vos preocupedes porque a medida que vaiamos poñendo actividades nesta sección ides entender moi ben a que se refiren e por que é tan importante que favorezamos o seu desenvolvemento. Poñémonos en marcha para sentir!!!!!!!!!!!!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)