sábado, 28 de marzo de 2020

UNÍMONOS !!!

HOXE , ÁS 6 DA TARDE, UN APLAUSO PARA TODOS OS NENOS E NENAS QUE ESTÁN AGUANTANDO ESTA SITUACIÓN COMO CAMPEONS !!!

Dede as nosas casas, os nosos aplausos e moitísimos bicos.


xoves, 26 de marzo de 2020

EMOTICANTOS : "MI CORAZONCITO"

BOTE DA CALMA


Os nenos e nenas, estes días de encerro na casa, terán momentos de estrés, e en ocasións, será difícil para eles e elas manexar a ira e os nervios.

Propoñémosvos  elaborar un BOTE DA CALMA caseiro, seguro que tedes todos os materiais que precisades na casa.

Ánimo que TODO VAI SAÍR BEN !!!


https://www.pequeocio.com/como-hacer-bote-de-la-calma/



mércores, 25 de marzo de 2020

martes, 24 de marzo de 2020

SUPER NENOS.


Hay outras moitas formas de ser SUPERHEROES.



O GRAN LIBRO DOS SUPERPODERES.


Todos temos un talento, algo que nos fai especial é distinto a todos os demáis. Agúns son estupendos deportistas, músicos, debuxantes, a outros gústanlle as matemáticas, as ciencias ou a cociña.

Algúns son aventureiros, outros prefiren ler... Descubre o que te fai diferente, nin mellor, nin peor, simplemente, diferente...cal é o teu talento?????.


 UNHA MENSAXE ÁS FAMILIAS.

Estes días  saímos as nosas  ventás a aplaudir a heroes como médicos, enfermeiras, bombeiros, policias, ... que están a coidar de nós.
Hoxe a nosa homenaxe vai para os nosos nenos e nenas, que en esta situación que lles toca vivir están sendo uns verdadeiros superheroes e superheroínas !!!!.


pica no enlace:

luns, 23 de marzo de 2020

MAMÁ, ¿de qué color son los besos?.

Queridos nenos e nenas, as vosas mestras queremos enviarvos unha chea de bicos, para que vós elixades a súa cor: vermellos, laranxas, amarelos, verdes, azuis, lila suave, branco...TODO VAI SAÍR BEN !!!.

Vós, podedes mandarnos os vosos bicos de volta, coa cor que queirades a través do correo.




COUSAS PARA FACER NA CASA COS NENOS E NENAS.

Para estes días nos que, por responsabilidade e seguridade, imos quedar na casa, compartimos este vídeo, con algunhas ideas para facer cousiñas.

Desexamos que vos sexa útil.