venres, 19 de xuño de 2020

E o tempo foi pasando... e chegamos ao remate do curso.

Si miramos hacia atrás, lembramos moitos momentos felices xuntos,  cancións, , contos, traballiños feitos con agarimo, xogos no ximnasio, moita música, bailes, recreos divertidos; as veces, alguns enfados....pero, sobre todo, moitas risas !!!.

Tamén houbo un momento de separación, de estar na casa, de manter o noso vínculo desde a distancia. Pero ainda así, sempre con agarimo.

Nenos e nenas, queremos despedirnos de vós, para que disfrutedes do verán, e para iso soltamos, desde o cole, bicos,  miles e miles de bicos que van correndo ata vós, bicos cheos de AMOR...



                                                 Pica no enlace:



ATA MOI PRONTO !!!


mércores, 17 de xuño de 2020


Pronto vai chegar o VERÁN xeo de luz e cor.

Aquí deixámosvos unha proposta de manualidades para o verán.

Desexamos que vos gusten e as disfrutedes moito.



PICA NO ENLACE:

luns, 15 de xuño de 2020

En xuño é o tempo de facer excursións.

Pero este curso, debido as circunstancias, non puidemos disfrutar tod@s xunt@s delas.

Unha das que non faltaba no noso cole era a de coñecer a nosa cidade acompañados de Martiño .

Martiño, o león do escudo de Ourense, abandonou o seu lugar habitual para dar un paseo e saudar a todos os seus amigos escondidos polas rúas da cidade: outros leóns pero tamén cervos, aguias, serpes… e mesmo ninfas das augas termais! Propoñémosvos acompañar a Martiño nesta aventura e explorar xuntos Ourense desde a vosa casa.

 

Abride ben os ollos!

Con cada pregunta e a súa solución, Martiño contaravos detalles e historias para que aprendades un pouco máis sobre Ourense.