CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!,
aínda que dunha forma diferente a
como estábamos acostumados
Decoramos a entrada co Cole, xunto cós compis de Primaria, facendo un
MURAL DO OUTONO COLABORATIVO
Coloreamos, picamos, colaboramos...e sobre todo XOGAMOS
Recortamos, coloreamos con pinceis utilizando diferentes técnicas,...
Elaboramos manteis para comer as merendas do magosto, preparadas con moito cariño por parte das familias
Polo San Martiño vai ver o teu soutiño, AS CASTAÑAS, coma sempre, foron as principais protagonistas dos nosos traballiños.