venres, 16 de outubro de 2020

 


 



 Dende o ano 1979 conmemórase o  

 

Este ano faise un chamamento mundial a solidariedade, para conseguir que os alimentos saudables cheguen a todos os recantos do planeta. Co lema de "Cultivar, nutrir, preservar. Juntos" quérese rendir unha homenaxe aos #HéroesdelaAlimentación de todo o mundo que plantan, cultivan, pescan ou transportan os alimentos.

 


Dende o noso Cole queremos unirnos a esta conmemoración, facendo da mellor forma posible, consumindo esos alimentos e fomentando unha alimentación sana. 


 

 


 

Ademais de comer san, non podemos esquecernos de mover o noso corpo, ímolo facer con ritmo e ao mesmo tempo xogando  a adiviñar cales son as nosas froitas preferidas!!!!!!
 







xoves, 15 de outubro de 2020

HOXE É O "DÍA INTERNACIONAL DO LAVADO DE MANS"

 Hoxe 15 de outubro celébrase este día tan importante. Desde o ano 2008 conmemórase para concienciar da importancia deste hábito, xa que pode salvar vidas. 

Nestes momentos, máis que nunca, é unha rutina integrada nas nosas aulas. Algo que os nenos e nenas fan de forma natural e desfrutan gañando en autonomía. 


Os  nosos amigos, os Lunnis, déixannos unhas instrucións moi sinxelas de cando e como debemos lavar as mans.



E os mandilóns azuis do cole tamén nos mostran como se deben lavar as mans. Aquí vos deixamos un vídeo.


E  lembrade...así de ben temos que lavar as mans, non podemos saltar ningún paso...