DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS
Ola chic@s !!!
O día 8 de xuño é o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS, e tod@s sabedes o importante que é coidar do medio ambiente.
No cole aprendestes que para poder axudar debemos:
Tirar o lixo á papeleira.
Non malgastar auga.
Reciclar.
Non deixar as luces acesas.
Apagar o ordenador ou calquera aparello que non usemos.
Etc...
Nos océanos viven moitos seres vivos, e temos que axudarlles tamén a que non contaminen o seu hábitat.
Gustaríavos elaborar algún xoguete con material reciclado para xogar na praia ou na piscina, para axudar a coidar o mar?.
Pois aquí vos deixamos alguhnas propostas. Pero podedes facer moitas máis.
Aquatika é un mundo submarino no que todos os animais ocúpanse por igual da limpeza e o coidado do fondo do mar. A pesar diso cada día hai máis suciedade. Como é posible? De onde vén tanto lixo? Que poden facer os animais acuáticos para poñer freo a esta situación?.
Enviádenos as vosas propostas e publicaremolas neste blog, poden ser a través de debuxos, carteis, mensaxes, fotos,...etc.
"INNOVACIÓN PARA UN OCÉANO SOSTIBLE".
Ningún comentario:
Publicar un comentario