venres, 19 de novembro de 2021

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 O 20 de novembro celébrase o Día Internacional da Infancia. Todos os nenos e nenas teñen uns dereitos que hai que preservar.









Xogando tamén podemos aprender cales son os dereitos...


                       Adiviñando o verdadeiro e o falso.




Xogo da ruleta dos dereitos.



Xogo dos pares iguais de dereitos.


martes, 16 de novembro de 2021

CHEGOU O MAGOSTO






Que ganas tiñamos de volver CELEBRAR, unha festa tan nosa como é a do MAGOSTO. Deixámosvos con diferentes vídeos para que vexades o ben que o pasamos!!!






 

E para celebrar o Magosto nas aulas de 4 anos, entre outras cousas fixemos uns bonecos de castaña moi divertidos:




Durante esta semana nas aulas de cinco anos estivemos elaborando o conto rimado "A castaña que rebentou de risa". O conto marchou para a casa para llelo ensinar e contar á familia.
Tamén fixemos unha exposición na aula daquelas manualidades e creacións con castañas que os nenos e nenas trouxeron da casa. Todo isto o podedes ver no seguinte vídeo e descargalo aquí.



Tamén durante esta semana desfrutaron con xogos nas aulas e actividades relacionadas coa señora castaña. Pescamos castañas no noso castiñeiro, encestamos castañas no cucurucho que elaboramos e moitos xogos máis...























Chegado o momento de celebrar o magosto, tocou bailar, comer o bolo preñado, a bica e as deliciosas castañas que as castañeiras nos asaron. Todo isto amenizado con música.
























E como cada ano, elaboramos a nosa cestiña para comer as castañas e levalas para a casa.










E as mestras de infantil desexámosvos que pasedes un...