martes, 2 de novembro de 2021

SAMAIN



Nas aulas de 3 anos realizamos unha MERENDA TERRORÍFICA. Convidámosvos,...






Nas aulas de 4 anos fixemos colares con pasta de personaxes de Samaín seguindo series. Quedaron terrorificamente chulos!
 


 

Ademais, creamos uns monstros moi divertidos mediante estampado con esponxa, e os acompañamos co noso nome composto cunhas letras tamén moi monstrosas. Encántanos o Samaín!
 

 


                                 


Na clase de cinco, decoramos unha cabaza e démoslle volume, converténdoa nunha cabaza 3 D.





Tamén preparamos unha bota de bruxa con chuches para poder xogar a "truco ou trato".




E aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o guap@s que estabamos disfrazados, e que ben o pasamos elaborando e facendo fotos cos nosos photocall de Samaín: o castelo encantado e a bruxa coas cabazas.



Se queredes descargar o vídeo, premede na  imaxe da cabaza:

    
                            

            
E os maiores de infantil, coa profe Marisa, representaron o conto "Corre corre , cabaciña". 





Pulsade aqui para descargar.