martes, 22 de decembro de 2020

 CHEGAN AS VACACIÓNS!!!!

A volta ao cole foi dura, porque tivemos que cambiar e adaptarnos a unha chea de novas normas que nos impediron compartir momentos aos que estabamos moi afeitos,.., pero tamén ofreceunos a posibilidade de reencontranos tod@s de novo, aprender a xogar doutra forma, conversar, compartir novas vivencias, e seguir,..., seguir adiante demostrando unha vez máis do que xunt@s somos capaces de facer. Canto o botábamos de menos💖!!!
As vosas mestras queren agradecervos o voso esforzo e a maxia que lle devolvestes ao cole.