sábado, 2 de maio de 2020

OLA  !!! NENOS e NENAS, este DOMINGO en OURENSE, celebramos unha festa moi tradicional.

      A festa dos MAIOS !!!. 


Despois de ver este vídeo, gustariávos facer un maio sen saír da casa...?

 Mirade este vídeo, e veredes cantas ideas con material que todos temos na nosa casa. ÁNIMO !!!!

COMO FACER UN MAIO NO CONFINAMENTO :


 

xoves, 30 de abril de 2020

Durante este tempo de confinamento, as xanelas das nosas casas son a comunicación dos nosos nenos e nenas co mundo exterior.

Os máis pequenos da casa fixeron delas un lugar de exposición de debuxos e manualidades para facer máis doada esta situación.

Pero tamén, nenos e nenas, podedes usalas para XOGAR !!! 


                                           pica no enlace



mércores, 29 de abril de 2020

Para rematar coas actividades do DÍA DO LIBRO, as profes do equipo de EDUCACIÓN INFANTIL elaboramos con moitísimo agarimo para os nosos nenos e nenas un vídeo dun conto: 

                   "IMOS CAZAR UN OSO"

                    
                                PICA NO ENLACE

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE MOITO.

BIQUIÑOSSSSSSSS..... !!!!!



luns, 27 de abril de 2020

Este domingo, por fin, nenos e nenas, xa puidestes saír á rúa !!!!

Despois de tanto tempo é tan importante tomar as precaucións sanitarias recomendadas, como falar cos nenos e nenas das emocións relacionadas con este cambio.
O "OSO GOLOSO" sabe o que é pasar moito tempo sen saír da casa e con este conto quere axudar aos nenas e nenas a xestionar as súas emocións, e tamén, dar uns conselliños sobre as normas que teñen que seguir durante as saídas a rúa.
Moitas gracias OSO GOLOSO !!!!

                                                      PICA NO ENLACE:

https://drive.google.com/file/d/1IB2sDdJcLpzpXwh2rGJno2r69sow1BIA/view?usp=sharing



Este é un novo conto de "lobo con cara de bobo" para preparar a SAÍDA A RÚA. Alguns nenos e nenas teñen medo a saír, outros non saben exactamente con  que se van a atopar na rúa cando saian e este pequeno conto pódelles axudar á hora de afrontar ese momento, xa que é unha situación diferente ao que eles coñecen.

                                                   
                                                        PICA NO ENLACE
                                       
                                                https://vimeo.com/411566658