mércores, 9 de xuño de 2021

PARACAÍDAS

Coa chegada do bo tempo, estamos a desfrutar un montón coas cores, movéndonos moito e pasándoo xenial nas clases de Psicomotridade


Premede na imaxe  e veredes...



luns, 7 de xuño de 2021

SIGAMOS COIDANDO DO NOSO MEDIO

 Este sábado celebrouse o Día Internacional do Medio Ambiente. Para lembrar a importancia deste día deixamos uns recursos para que os máis peques xoguen, e á súa vez se conciencien de que un entorno limpo é beneficioso para tod@s.










E como lembranza...tamén no confinamento os peques coidaron o medio.





domingo, 6 de xuño de 2021

 VIDEOCONFERENCIA CON EVA MEJUTO

Esta semana, tivemos a sorte de contar na aula de Educación Infantil  de 5 anos coa escritora  Eva Mejuto, por  videoconferencia contounos o seu último conto "As dez gatiñas viaxeiras", despois por petición expresa das nenas e nenos   recordou o conto de A mosca Chosca, no que estamos traballando coa mestra de psicomotricidade.