venres, 24 de decembro de 2021

DÚAS VISITAS MOI ESPECIAIS!

 Dous días de visitas esperadas: A do Apalpador que baixou do Courel e a das Súas Maxestades de Oriente.






O primeiro día, Eva veu acompañando ao seu amigo o Apalpador, xa que recibira unha carta onde lle dicía que quería coñecer aos nenos e nenas do colexio de A Ponte. E como era de esperar, despois de ver como estaban as súas barriguiñas, o Apalpador deixou uns agasallos.





O segundo día, tamén especial, as súas Maxestades de Oriente chegaron ata o patio do colexio cargados de caramelos, e os nenos e nenas puideron deixar as súas cartas no buzón real e cantarlle unha panxoliña.















Despois destas semanas intensas previas ao Nadal, o Equipo de Educación Infantil queremos desexarvos que pasades unhas Felices Festas e tamén ...







mércores, 22 de decembro de 2021

ENCENDIDO DA ÁRBORE DE NADAL

Como é tradición, todos os anos por estas datas, os peques de infantil  elaboran o seu adorno con moita ilusión.


Unha vez rematado, o adorno pasa a formar parte da nosa árbore de Nadal. 


Ese día ademais de vestila con adornos, encéndense as súas luces, e os peques cantan panxoliñas e bailan, desexándonos a tod@s unhas Felices Festas.










Pulsade na imaxe de abaixo para ver o vídeo elaborado sobre o encendido da árbore do colexio.