venres, 6 de maio de 2022

HOXE VEU A TELE AO COLE!

O 5 de maio é o Día Mundial da Hixiene de Mans. 


O noso colexio, xunto con outros seis colexios da provincia de Ourense, tivo a oportunidade de celebrar este día co lema: "Bichos fóra". 


Acompañáronnos as enfermeiras do Centro de Saúde, que dunha forma divertida, nos ensinaron a lavar cada recunchiño das nosas mans.
E ademais, apareceu por sorpresa a tele a gravar. Que emoción!!!


Grazas a tod@s por este día!