sábado, 6 de xuño de 2020

Hoxe compartimos dous videos que elaboraron nenos de infantil do noso cole, con motivo da celebración do DÍA DO MEDIO AMBIENTE.

NO PRIMEIRO VIDEO, TIAGO E TEO, , COMO DOUS NENOS DO BOSQUE, MÓSTRANNOS O MARABILLOSO MEDIO QUE NOS RODEA, PRECIOSO E EXPLEDIDO NA SÚA BIODIVERSIDADE.



Pica no enlace:



COMO RESPOSTA AO OBRADOIRO DE RECICLAXE DE PLÁSTICO QUE PROPUXEMOS ONTE, MARTÍN CONSTRUÍU UN COCHE GLOBO MOI ORIXINAL E DIVERTIDO !!!.




PARA VER O VÍDEO pica no enlace:


MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS !!!!.










venres, 5 de xuño de 2020


5 DE XUÑO. 

 DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.


 Falando do MEDIO AMBIENTE, a inversión máis rentable a   curto,  medio e longo prazo  chámase infancia

 Ensinar a un neno  ou nena  a reciclar é inculcarlle o respecto pola natureza   e polo seu contorno, é unha aposta con ganancias aseguradas e efecto   multiplicador:  non hai mellor estímulo que un pequeno ou pequena   concienciado e entusiasta para que toda unha familia se poña as   pilas e comence a tomarse en serio as cuestións medioambientais.



 Inculcar ou reforzar os valores da  ecoloxía na casa e na escola, é unha 
 garantía de que os nenos e nenas   convertiranse en xóvenes adultos   responsables co  planeta no que viven.

 As ferramentas son innumerables e só dependen   da  imaxinación e das dotes pedagóxicas de pais e   docentes.

 AQUÍ PODEDES VER AOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS DO NOSO   COLE, O BEN QUE ENTENDEN O DE COIDAR O MEDIO AMBIENTE:                                      


   Pica no enlace:


     
            Mirade neste video algunhas ideas:





     AQUÍ TEDES AS EXPLICACIÓNS DE COMO DESEVOLVER  TODAS ESTAS       IDEAS:
                                             Pica no enlace:

mércores, 3 de xuño de 2020

  BENVIDO MES DE....


... estamos a piques de que chegue o verán, xa estamos disfrutando dos días de sol e calor, e as flores das árbores xa se convertiron en deliciosas froitas. 

É tempo de comer froitas novas, e podemos disfrutalas de moitas maneiras.... por exemplo, en ricos xeados !!!. 
Qué vos parece ?.

Mirade este video, con unha receita para facer uns xeados de froita moi sabrosos.





Pero con froitas podemos cociñar moitas cousiñas máis, aquí deixámosvos algunhas ideas.




....aiiiii, que fame nos está entrando... e a vós ?



martes, 2 de xuño de 2020

CIRCUITO CON AROS E PEGADAS.

Podemos xogar a saltar: cos dous pés xuntos ou cun pé, dentro/fóra, as asgachadas.... 

Temos moitas posibilidades!!!!

Animádevos a xogar!!!!


                                        Pica no enlace:
https://drive.google.com/file/d/18sSkg46PO-fmGL04946s4_EHbnaOV6KM/view?usp=sharing


Para facelo en casa só necesitas papel de cores, un prato redondo, un zapatiño, lapis e tesoiras.

Mira este video explicativo.


DISFRUTADE MOITO !!!