sábado, 5 de marzo de 2022



Este ano, por fin,puidemos retomar o desfile, aínda que sen esquecer certas medidas de prevención. 
Aproveitamos para felicitar tanto ao noso alumnado, como as súas familias por como, unha vez máis, deron exemplo do bo facer, respetando en todo momento as recomendacións sanitarias.
Deixámosvos un breve resumo do que foi o desfile, adicado este ano a " Salvar o Planeta", aceptando a proposta da nosa mascota Pontiña para traballar e investigar sobre os problemas medioambientais.





xoves, 3 de marzo de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

 O 23 de febreiro conmemórase unha data moi especial para todos os galegos, o Día de Rosalía de Castro, e no cole celebrámolo por todo o alto, cun kamishibai sobre a súa vida, aprendendo poemas de Rosalía musicados, realizando diferentes manualidades para lembrar á nosa escritora máis universal e ata a propia Rosalía nos fixo unha visita nas aulas da man da ANPA...