luns, 8 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Ola chic@s !!!

O día 8 de xuño é o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS, e tod@s sabedes o importante que é coidar do medio ambiente.

No cole aprendestes que para poder axudar debemos:

Tirar o lixo á papeleira.

Non malgastar auga.

Reciclar.

Non deixar as luces acesas.

Apagar o ordenador ou calquera aparello que non usemos.

Etc...

Nos océanos viven moitos  seres vivos, e temos que axudarlles tamén a que non contaminen o seu hábitat.



Gustaríavos elaborar algún xoguete con material reciclado para xogar na praia ou na piscina, para axudar a coidar o mar?.


Pois aquí vos deixamos alguhnas propostas. Pero podedes facer moitas máis.

Aquatika é un mundo submarino no que todos os animais ocúpanse por igual da limpeza e o coidado do fondo do mar. A pesar diso cada día hai máis suciedade. Como é posible? De onde vén tanto lixo? Que poden facer os animais acuáticos para poñer freo a esta situación?.





Enviádenos as vosas propostas e publicaremolas neste blog, poden ser a través de debuxos, carteis, mensaxes, fotos,...etc.

"INNOVACIÓN PARA UN OCÉANO SOSTIBLE".

domingo, 7 de xuño de 2020

ESTE ANO, O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE ESTÁ ADICADO A BIODIVERSIDADE.


COMPARTIMOS CON VÓS ESTE MATERIAL, ONDE MILA ENSINA AO SEU NETO IAGO O GRAN TESOURO DA BIODIVERSIDADE DO RÍO MIÑO AO SEU PASO POR A NOSA CIDADE.

IAGO VAI COÑECENDO A VARIEDADE DE ESPECIES VEXETAIS E ANIMAIS QUE ATOPA AO LONGO DO SEU PERCORRIDO.

IAGO DESCUBRIÚ QUE TODAS SON IMPORTANTES, E SI PERDEMOS UNHA DELAS, PERDEMOS TODAS AS DEMÁIS.

QUE A BIODIVERSIDADE É O NOSO TESOURO !!!!
                                         
                                           PICA NO ENLACE:
https://drive.google.com/file/d/1eqBfn7NFit2cJ08kJz1DHGdUmb2Otvlg/view?usp=sharing