venres, 24 de decembro de 2021

DÚAS VISITAS MOI ESPECIAIS!

 Dous días de visitas esperadas: A do Apalpador que baixou do Courel e a das Súas Maxestades de Oriente.






O primeiro día, Eva veu acompañando ao seu amigo o Apalpador, xa que recibira unha carta onde lle dicía que quería coñecer aos nenos e nenas do colexio de A Ponte. E como era de esperar, despois de ver como estaban as súas barriguiñas, o Apalpador deixou uns agasallos.





O segundo día, tamén especial, as súas Maxestades de Oriente chegaron ata o patio do colexio cargados de caramelos, e os nenos e nenas puideron deixar as súas cartas no buzón real e cantarlle unha panxoliña.















Despois destas semanas intensas previas ao Nadal, o Equipo de Educación Infantil queremos desexarvos que pasades unhas Felices Festas e tamén ...







Ningún comentario: