CHEGOU O MAGOSTO
Que ganas tiñamos de volver CELEBRAR, unha festa tan nosa como é a do MAGOSTO. Deixámosvos con diferentes vídeos para que vexades o ben que o pasamos!!!
E para celebrar o Magosto nas aulas de 4 anos, entre outras cousas fixemos uns bonecos de castaña moi divertidos:
Durante esta semana nas aulas de cinco anos estivemos elaborando o conto rimado "A castaña que rebentou de risa". O conto marchou para a casa para llelo ensinar e contar á familia.
Tamén fixemos unha exposición na aula daquelas manualidades e creacións con castañas que os nenos e nenas trouxeron da casa. Todo isto o podedes ver no seguinte vídeo e descargalo aquí.
Tamén durante esta semana desfrutaron con xogos nas aulas e actividades relacionadas coa señora castaña. Pescamos castañas no noso castiñeiro, encestamos castañas no cucurucho que elaboramos e moitos xogos máis...
Chegado o momento de celebrar o magosto, tocou bailar, comer o bolo preñado, a bica e as deliciosas castañas que as castañeiras nos asaron. Todo isto amenizado con música.
E como cada ano, elaboramos a nosa cestiña para comer as castañas e levalas para a casa.
E as mestras de infantil desexámosvos que pasedes un...
Ningún comentario:
Publicar un comentario