OUTONO NO COLE
Na clase de cinco anos estivemos traballando coas cores do outono, que podemos atopar nas follas. Tamén nos interesamos por un froito típico desta estación: as landras. Así que, posto que os esquíos teñen moita fame, deixamos as nosas landras preto das ventás...
E na aula de catro anos B decoramos a nosa clase con elementos típicos da estación, e quedounos así de bonita:
OUTONO, NAS AULAS DE 3 ANOS.
Desde hai días estamos a desfrutar coa chegada da nova estación. Cada día o noso Recanto, está cheo de elementos típicos do Outono que as familias van traendo, e cos que imos creando centros sensoriais para o desfrute dos peques. Temos follas, noces, landras, cogumelos, cabazas, castañas,...
Ademais os nenos e nenas deste nivel estanse a convertir nuns grandes artistas!!!!
(Picade, na imaxe, para descubrir máis)
Ningún comentario:
Publicar un comentario