Hoxe 15 de outubro celébrase este día tan importante. Desde o ano 2008 conmemórase para concienciar da importancia deste hábito, xa que pode salvar vidas.
Nestes momentos, máis que nunca, é unha rutina integrada nas nosas aulas. Algo que os nenos e nenas fan de forma natural e desfrutan gañando en autonomía.
Os nosos amigos, os Lunnis, déixannos unhas instrucións moi sinxelas de cando e como debemos lavar as mans.
E os mandilóns azuis do cole tamén nos mostran como se deben lavar as mans. Aquí vos deixamos un vídeo.
E lembrade...así de ben temos que lavar as mans, non podemos saltar ningún paso...
Ningún comentario:
Publicar un comentario