martes, 17 de marzo de 2020


QUERIDOS PAPIS:

Queremos  darvos a benvida ao noso BLOG, improvisado dado os acontecementos que todos coñecemos.


Será a través del como nos poñeremos en contacto convosco para proporvos a nivel de Ciclo unha serie de orientacións, pautas, posibles actividades, xogos,  contos… que nos axuden a seguir aprendendo e a non esquecer o aprendido ata o momento e para que nestes días vos poida axudar a pasar un anaco de tempo cos  vosos fillos e fillas. 



As actividades que se propoñen teñen carácter  totalmente voluntario,  sempre respectando as circunstancias propias de cada unha das familias.


Para poder interactuar con cada unha das mestras que desexedes, quedan a vosa disposición os seguintes correos electrónicos:


3anosAponte@gmail.com
3anosbponte@gmail.com
                    




Desexando que todos quitemos desta situación unha oportunidade para aprender...



         TODO VAI SAIR BEN  ¡¡!


 

Pronto volveremos a estar  xunt@s.

 Recibide un agarimoso saúdo das Mestras do Ciclo de 

Educación Infantil 



Ningún comentario: